Detectamos que está a usar un dispositivo móbil. Suxerímoslle usar un ordenador para unha mellor experiencia de usuario.

Plan de Acción Horizonte 2027

ACTUACIÓNS. Busca aquí o mellor encaixe para o teu proxecto.
OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1. SECTOR DA PESCA
Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministración dos produtos da pesca e da acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio
1.1. Aproveitamento sostible dos recursos mariños a través de iniciativas de innovación e da economía circular
A 1.1.1. Iniciativas empresariais de aproveitamento de algas, refugallos e outros recursos mariños infraexplotados.
A 1.1.2. Iniciativas de I+D ou I+D+i para novos aproveitamentos sostibles dos recursos mariños
A 1.1.3. Dotación de infraestrutura para fomentar novos aproveitamentos dos recursos mariños.
1.2. Creación de valor engadido a través de novos emprendementos na transformación, distribución e comercialización de produtos do mar.
A 1.2.1. Iniciativas de procesado e transformación de produtos do mar.
A 1.2.2. Iniciativas de mellora da loxística para o tratamento, almacenamento e distribución dos produtos do mar para mellorar a competitividade.
B 1.2.3. Iniciativas empresariais de comercialización dos produtos do mar.
1.3. Promoción dos produtos locais da pesca costeira artesanal e da saúde e calidade alimentarias.
A 1.3.1. Promoción en mercados obxectivo das marcas locais e dos produtos da pesca costeira artesanal así coma dos hábitos alimentarios saudables.
A 1.3.2. Peixerías Km 0: creación e acondicionamento de postos de venda.
B 1.3.3. Misións comerciais en feiras e eventos profesionais para a promoción dos produtos pesqueiros locais.
B 1.3.4. Implantación de sistemas de trazabilidade e/ou calidade e seguridade alimentaria.
1.4. Dixitalización e modernización para a competitividade no sector do mar.
B 1.4.1. Iniciativas de dixitalización e automatización de procesos produtivos.
B 1.4.2. Dixitalización dos procesos administrativos e de prestación de servizos das entidades do sector pesqueiro.
1.5. Remuda xeracional no sector da pesca a través da capacitación e a mellora das condicións de traballo
A 1.5.1. Campañas de valorización dos oficios do mar como saída laboral que contemplan accións específicas dirixidas ás mulleres.
A 1.5.2. Obradoiros de capacitación para a remuda xeracional nos sectores da pesca.
A 1.5.3. Mellora das condicións de traballo no sector do mar, en particular nos sectores con maior presenza de mulleres.
OBXECTIVO ESTRATÉXICO 2. ECONOMÍA AZUL & DIVERSIFICACIÓN
Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.
2.1. Integración do sector da pesca con outros sectores económicos.
B 2.1.1. Iniciativas de servizos ao sector do mar e de promoción dos mesmos.
A 2.1.2. Equipamentos, servizos e promoción de servizos de turismo mariñeiro que impliquen a interacción cos profesionais do sector da pesca.
C 2.1.3. Creación ou mellora de establecementos de restauración integrados no selo Km 0 MarGalaica.
A 2.1.4. Creación de aulas e mercados gastronómicos: espazos innovadores de presentación e degustación de produtos do mar.
2.2. Apoio a novos sectores da economía azul sostible.
A 2.2.1. Iniciativas de economía circular que implican reutilización ou aproveitamento de refugallos doutras actividades.
B 2.2.2. Dotacións públicas de fomento da economía circular e da economía colaborativa.
B 2.2.3. Iniciativas empresariais de servizos relacionados co medio ambiente mariño e costeiro.
2.3. Mellora da oferta de servizos turísticos.
B 2.3.1. Creación ou mellora de servizos de turismo náutico, activo e cultural ligados aos recursos culturais e naturais do territorio.
A 2.3.2. Creación ou adaptación de servizos turísticos para o turismo inclusivo: adaptación a persoas con discapacidade.
B 2.3.3. Accións ligadas a produtos estratéxicos dos Xeodestinos: turismo xacobeo, turismo náutico, destino de autocaravaning e turismo Starlight.
C 2.3.4. Programas de capacitación no sector turístico que contemplan accións de captación dirixidas a mulleres, xoves e/ou outros colectivos vulnerables.
2.4. Racionalización na oferta de aloxamento turístico e mellora da inclusión.
C 2.4.1. Racionalización do aloxamento segundo acordo integrado no Pacto Local polo Territorio Costeiro Sostible.
OBXECTIVO ESTRATÉXICO 3. MEDIO AMBIENTE
Impulso e aproveitamento do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático.
3.1. Contribución á mitigación e adaptación ao cambio climático.
C 3.1.1. Iniciativas do sector pesqueiro para redución da pegada ecolóxica.
C 3.1.2. Actuacións de interese colectivo integradas nos PACES municipais nos eidos de xeración de enerxías, mobilidade sostible, xestión de augas e xestión de residuos.
3.2. Ordenación e posta en valor de praias e espazos naturais costeiros.
C 3.2.1. Adecuación de tramos da Senda Litoral.
B 3.2.2. Iniciativas de corrección de impactos negativos en áreas degradadas e/ou ordenación de espazos de interese natural que inclúen actuacións de accesibilidade.
C 3.2.3. Equipamentos e Iniciativas de divulgación dos valores e concienciación ambiental.
OBXECTIVO ESTRATÉXICO 4. CULTURA & BENESTAR
Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.
4.1. Impulso dos servizos contra o despoboamento: conciliación, atención á dependencia e xuventude.
A 4.1.1. Iniciativas de servizos de atención a dependentes e/ou persoas con discapacidade.
A 4.1.2. Iniciativas de servizos que axudan á conciliación da vida laboral e familiar das persoas profesionais do sector da pesca.
B 4.1.3. Dotación de espazos e servizos para a creatividade artística e a cultura urbana destinados á mocidade.
C 4.1.4. Melloras en instalacións e equipamentos ou na dixitalización dos clubs deportivos de actividades náuticas para reforzo da oferta deportiva non turística.
4.2. Posta en valor da cultura mariñeira.
C 4.2.1. Equipamentos museográficos para a posta en valor do patrimonio cultural mariñeiro.
A 4.2.2. Rehabilitación e posta en valor de patrimonio cultural mariñeiro.
A 4.2.3. Posta en valor das embarcacións tradicionais e creación ou mellora de mariñas.
A 4.2.4. Investigación, protección e difusión da cultura mariñeira con participación de persoal investigador e que inclúe a perspectiva de xénero.
B 4.2.5. Iniciativas de difusión e posta en valor do patrimonio somerxido.
A 4.2.6. Accións integradas no Plan Director da Cultura Marítima de Galicia.
OBXECTIVO ESTRATÉXICO 5. COOPERACIÓN
Reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais.
5.1. Apoio á coxestión e á profesionalización das entidades pesqueiras.
A 5.1.1. Apoio á coxestión e gobernanza dos recursos mariños de interese pesqueiro.
B 5.1.2. Asistencia técnica a iniciativas colectivas para creación de OPP (Organizacións de Produtores Pesqueiros).
A 5.1.3. Mellora da capacitación dos órganos de goberno das entidades colectivas do sector da pesca.
5.2. Avance na igualdade de xénero e inclusión social.
A 5.2.1. Implantación ou desenvolvemento da estratexias de RSC en entidades colectivas do sector pesqueiro, que contemplen a igualdade de xénero.
B 5.2.2. Iniciativas que favorezan a visibilización e integración de colectivos vulnerables ou en risco de exclusión.
OBXECTIVO ESTRATÉXICO 6. GOBERNANZA
Reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais.
6.1. Colaboración en iniciativas de interese compartido con outras zonas pesqueiras. 6.1.1. Iniciativas de cooperación.