Detectamos que está a usar un dispositivo móbil. Suxerímoslle usar un ordenador para unha mellor experiencia de usuario.

MÁXIMO DE PUNTOS COMPUTABLES NA TÁBOA XERAL: 100

CRITERIOS DE SELECCIÓN. TÁBOA XERAL (OBXECTIVOS 1 A 5)
NOME DEFINICIÓN
ASIGNACIÓN DE PUNTOS
Detalles de Aplicación
B EMPREGO E BENEFICIARIOS.
Máximo total de 30 ptos. que se poden obter por dúas vías excluíntes (B.1. e B.2.).
B1 CREACIÓN EMPREGO.
Establécese un máximo de 30 puntos na sección Creación de emprego, que se poden obter por un ou varios dos criterios incluídos.
2 Emprego creado.
(Máximo 30 ptos.)
Número de empregos creados, computados en UTA (unidades de traballo anuais).
Asignación de puntos por cada UTA.
Indica en cada un dos casos o número de empregos a tempo completo que prevés crear, incluído o teu, (podes incluír un decimal: 1,5 empregos), no sector da pesca e noutros sectores. simulador transformará o número de empregos na puntuación correspondente, ata o máximos indicado


  • Empregos creados no sector da pesca (8 ptos.)
  • Empregos creados noutros sectores (5 ptos.)
3 Emprego a colectivos desfavorecidos.
(Máximo 30 ptos.)
Contratación de persoas de colectivos desfavorecidos
Asignación de puntos por cada UTA.
Indica en cada un dos casos o número de empregos a tempo completo que prevés crear, incluído o teu, (podes incluír un decimal: 1,5 empregos), no sector da pesca e noutros sectores. O simulador transformará o número de empregos na puntuación correspondente, ata o máximos indicado


  • Mulleres con fillas/os a cargo, menores de 25 non preceptores de rendas (3 ptos.)
  • Menores de 30 anos (3 ptos.)
  • Mulleres sen fillas/os a cargo (1 pto.)
  • Maiores de 45 anos (1 pto.)
  • Persoas con discapacidade igual ou superior a 33% (1 pto.)
  • Outros colectivos vulnerables (1 pto.) (Ver lista)
4 Emprego cualificado.
(Máximo 30 ptos.)
Novas persoas empregadas con formación mínima de FP Superior ou Grao universitario acordes ao posto de traballo.
Asignación de puntos por cada UTA.
Indica o número de empregos a tempo completo que prevés crear para persoas con FP superior ou título universitario, incluído o teu, (podes incluír un decimal: 1,5 empregos), no sector da pesca e noutros sectores. O simulador transformará o número de empregos na puntuación correspondente , ata o máximos indicado.


  • Emprego cualificado (2 ptos.)
B2 PROXECTO INTERESE COLECTIVO.
5 Interese colectivo.
(Máximo 30 ptos.)
O proxecto é promovido por un beneficiario colectivo e é de interese colectivo.
Asignación de puntos directa SI/NON.
Este criterio só é aplicable para entidades e proxectos sen ánimo de lucro. Se o teu proxecto consiste na creación ou mellora dunha empresa (incluídas persoas autónomas), indica NON.

  • Proxecto de Beneficiario colectivo e Interese colectivo (30 ptos.)
C COMPROMISO COSTA SOSTIBLE CO TERRITORIO.
Máximo total de 45 ptos. de configuración flexible.
C1 COMPROMISO DE COLABORACIÓN E LOITA CONTRA O DESPOBOAMENTO.
6 Investimento en concellos con maior risco demográfico.
(Máximo 5 ptos.)
O investimento realízase no concello de Carnota, Dumbría, Outes ou Muros.
Asignación de puntos directa SI/NON
  • Investimento nos concellos indicados (5 ptos.)
7 Cooperación entre persoas promotoras.
(Máximo 10 ptos.)
Número de persoas físicas ou xurídicas promotoras.
Asignación de puntos directa.
  • Indica o número de persoas promotoras
Proxectos cun mínimo de 2 promotores. Puntúase dende o primeiro (2 ptos. cada promotor).
C2 COMPROMISO CO SECTOR DA PESCA.
8 Accións que apoian so sector da pesca.
(Máximo 5 ptos.)
O proxecto contempla investimentos específicos en:

  • Accións formativas e capacitación no sector do mar, e/ou
  • Campañas de promoción dos produtos da pesca costeira artesanal.

Asignación de puntos directa SI/NON.
  • Incorpora algunha da accións indicadas (5 ptos.)
9 Investimentos en patrimonio cultural mariñeiro.
(Máximo 20 ptos.)
O proxecto prevé investimentos superiores ao 20% do orzamento subvencionable a rehabilitación, promoción ou sensibilización sobre o patrimonio cultural mariñeiro.
Asignación de puntos directa SI/NON.
  • Incorpora os investimentos indicados (20 ptos.)
10 Interese colectivo e reforzo da cadea do sector da pesca.
O proxecto de beneficiario colectivo e interese colectivo reforza a cadea produtiva do sector pesqueiro.
Asignación de puntos directa SI/NON.
Este criterio só é aplicable a entidades sen ánimo de lucro

  • O proxecto reforza ao sector da pesca (15 ptos.)
11 Interese colectivo e uso de inmobles ociosos.
(Máximo 5 ptos.)
O proxecto de beneficiario colectivo utiliza inmobles ociosos do territorio.
Asignación de puntos directa SI/NON.
Este criterio só é aplicable a entidades sen ánimo de lucro.

  • O proxecto usa este tipo de inmobles (5 ptos.)
Aplícase á utilización de inmobles non residenciais sen uso nos últimos 3 anos.
C3 COMPROMISO DE MITIGACIÓN DO CAMBIO CLIMÁTICO E PROTECCIÓN DA PAISAXE COSTEIRA.
12 Investimentos que contribúen á loita contra o cambio climático.
(Máximo 10 ptos.)
O proxecto contempla investimentos específicos que contribúen á mitigación do cambio climático.
Asignación de puntos proporcional ao investimento.
  • Presta especial atención a este criterio. Pensa no importe do investimento total do teu proxecto. Por cada tramo do 2% deste investimento que destines aos fins que se indican na lista, asigna 1 punto. Non se admiten valores decimais; no caso, por exemplo, dun investimento do 3,5% destinado a estes fins, ao non chegar ao 4%, a puntuación correspondente é 1 punto. Os investimentos que inclúas aquí, non poden puntuar noutras seccións.
Aplícase a os seguintes investimentos.

  • - Sistemas de certificación de calidade ambiental ou xestión ambiental.
  • - Maquinaria ou instalacións con cualificación enerxética A ou similar.
  • - Equipos e sistemas de monitorización do consumo enerxético.
  • - Sistemas de xeración enerxética baseados en enerxías limpas.
  • - Sistemas para reutilización, reciclaxe ou tratamento de residuos.
  • - Recuperación e posta en valor de espazos de interese natural.
  • - Equipamentos procedentes da reciclaxe.
  • - Investimento en campañas de comunicación e/ou actividades de concienciación ambiental.
  • - Outros equipamentos, instalacións e materiais de construción que reduzan a pegada ecolóxica (acreditado por técnico competente).
13 Directrices da Paisaxe e do Medio Ambiente.
(Máximo 10 ptos.)
Puntos obtidos en aplicación das Directrices da Paisaxe e Medio Ambiente.
Asignación de puntos proporciona ao investimento.
C4 COMPROMISO COA COMPETITIVIDADE E A INNOVACIÓN.
14 Investimento en innovación
(Máximo 10 ptos.)
O proxecto contempla investimentos específicos destinados á innovación e á mellora da competitividade.
Asignación de puntos proporcional ao investimento.
  • Presta especial atención a este criterio. Pensa no importe do investimento total do teu proxecto. Por cada tramo do 2% deste investimento que destines aos fins que se indican na lista, asigna 1 punto. Non se admiten valores decimais; no caso, por exemplo, dun investimento do 3,5% destinado a estes fins, ao non chegar ao 4%, a puntuación correspondente é 1 punto. Os investimentos que inclúas aquí, non poden puntuar noutras seccións.
Aplícase aos seguintes investimentos:

  • - Desenvolvemento e protección de novas patentes, modelos de utilidade e dereitos de propiedade industrial.
  • - Servizos de persoas investigadoras ou centros de investigación.
  • - Gastos de laboratorios e servizos de investigación propios.
  • - Deseño de novos produtos, servizos ou procesos produtivos.
  • - Aplicación de selos e estándares de calidade.
  • - Capacitación do persoal nestes eidos.
15 Investimento en dixitalización e modernización tecnolóxica.
(Máximo 10 ptos.)
O proxecto contempla investimentos específicos en dixitalización e modernización tecnolóxica.
Asignación de puntos proporcional ao investimento.
  • Presta especial atención a este criterio. Pensa no importe do investimento total do teu proxecto. Por cada tramo do 2% deste investimento que destines aos fins que se indican na lista, asigna 1 punto. Non se admiten valores decimais; no caso, por exemplo, dun investimento do 3,5% destinado a estes fins, ao non chegar ao 4%, a puntuación correspondente é 1 punto. Os investimentos que inclúas aquí, non poden puntuar noutras seccións.
Aplícase aos seguintes investimentos:

  • - Equipos de telecomunicacións (agás dispositivos de uso persoal).
  • - Software para o proceso produtivo (distinto de ofimática, contabilidade e administración interna). Creación ou licenzas.
  • - Desenvolvementos dixitais (páxinas web e outros).
  • - Equipos de domótica para a automatización de funcións.
  • - Equipos de robótica e maquinaria específica do proceso produtivo.
  • - Capacitación do persoal nestes eidos.
16 Actividades empresariais innovadoras.
(Máximo 10 ptos.)
O proxecto crea unha actividade empresarial innovadora no territorio.
Asignación de puntos segundo criterio territorial.
  • Primeira actividade do seu tipo na zona pesqueira (10 ptos.)
  • Primeira actividade do seu tipo no concello (5 ptos.)
  • Primeira actividade do seu tipo na parroquia (3 ptos.)
17 Servizos público innovadores.
(Máximo 20 ptos.)
O proxecto de beneficiario público crea un servizo innovador novo no territorio.
Asignación de puntos segundo criterio territorial.
  • Primeiro servizo do seu tipo na zona pesqueira (20 ptos.) (Ver máis)
  • Primeiro servizo do seu tipo no concello (10 ptos.)
18 Actividades adicionais.
(Máximo 4 ptos.)
O proxecto incorpora actividades adicionais á principal.
Asignación de puntos directa SI/NON.
  • O proxecto incorpora unha segunda actividade (4 ptos.)
19 Compromiso de formación Costa Sostible.
(Máximo 5 ptos.)
O promotor comprométese a participar no curso de formación para promotores organizado polo GALP Costa Sostible.
Asignación de puntos directa SI/NON.
  • O promotor asume o compromiso de formación, gratuíta (5 ptos.)
C5 COMPROMISO POLA IGUALDADE E A INCLUSIÓN SOCIAL.
20 Igualdade de xénero.
(Máximo 5 ptos.)
O proxecto de beneficiario colectivo fomenta a participación das mulleres na toma de decisións.
Asignación de puntos directa SI/NON.
  • Fomenta a participación das mulleres (5 ptos.)
21 Especial compromiso coa inclusión e a diversidade.
(Máximo 10 ptos.)
Créanse ou mellóranse equipamentos ou infraestruturas nas que o 100% dos espazos de uso público son accesibles para persoas en cadeira de rodas.
Asignación de puntos directa SI/NON.
  • O 100% dos espazos son accesibles (10 ptos.)
Aplícase a servizos e equipamentos públicos ou privados nos que a totalidade das instalacións destinadas aos usuarios ou clientes son accesibles.
22 Directrices de Responsabilidade Social Coroporativa.
(Máximo 10 ptos.)
Puntos obtidos en aplicación das Directrices adicionais de Responsabilidade Social Corporativa.
Asignación de puntos proporcional ao investimento.
CRITERIOS DE SELECCIÓN. CRITERIOS ADICIONAIS (OBXECTIVOS 1 A 5)
A1 Adicional 1. Persoa promotora.
(Máximo 15 ptos.)
A persoa física pertence a un colectivo prioritario ou vulnerable ou crea o primeiro autoemprego.
Asignación de puntos: Directa SI/NON; Puntos acumulables.
  • Procede do sector pesqueiro (10 ptos.)
  • Familiar en 1º grao de persoa do sector pesqueiro (5ptos.)
  • Muller (10 ptos.)
  • Menor de 30 anos (10 ptos.)
  • Maior de 45 anos (5 ptos.)
  • Pertencente a outro colectivo vulnerable (5 ptos.)
  • 1ª iniciativa de autoemprego (5 ptos.)
A2 Adicional 2. Innovación en pesca e integración en REDE.
(Máximo 15 ptos.)
O proxecto é de investigación e conta coa participación dun organismo investigador integrado en REDE como socio, colaborador ou prestador de servizos.
Asignación de puntos: Directa SI/NON.
  • Cumpre o requisito (15 ptos.)