Detectamos que está a usar un dispositivo móbil. Suxerímoslle usar un ordenador para unha mellor experiencia de usuario.

CANTO FINANCIAMENTO PODO OBTER PARA O MEU PROXECTO?


Límite e cálculo das axudas


O financiamento do teu proxecto depende das características da persoa promotora, do propio proxecto e da puntuación obtida. Segue as instrucións para saber ata canto podes obter.

Lembra os límites máximos!

Con independencia do presuposto do teu proxecto ou da puntuación obtida, existe una contía máxima de financiamento:

Lembra tamén que, polo xeral, a UE non permite acumular máis de 200.000 € de axudas dos distintos fondos europeos en tres anos. Se pensas que podes estar no caso, no GALP Costa Sostible o revisamos contigo.

Presta atención a seguinte táboa e selecciona o teu caso segundo quen solicite a axuda e o tipo de proxecto que presenta


Quen solicita a axuda Que tipo de proxecto presenta Axuda máxima Tipo de proxecto
Son un promotor privado (persona ou empresa) do sector da pesca O proxecto está vinculado á pesca costeira artesanal * 80% Tipo C
O proxecto está vinculado á pesca costeira artesanal * 100% Tipo D
Somos unha confraría, unha OPP ou outro tipo de entidade colectiva do sector da pesca O proxecto, que NON está vinculado á pesca costeira artesanal, ten interese colectivo 100% Tipo F
O proxecto NON está vinculado á pesca costeira artesanal * e NON ten interese colectivo 60% Tipo B
Somos un concello ou unha entidade sen ánimo de lucro. O proxecto é non lucrativo e de interese colectivo 100% Tipo E
O meu caso NON está recollido na lista anterior 50% Tipo A
UN CASO ESPECIAL
Somos 4 ou máis confrarías
O proxecto ten especial impacto en: remuda zeracional, igualdade de xénero, inclusión social on I+D+i pesqueiro 100% Tipo G

* Proxectos da pesca costeira artesanal: Operacións desenvoltas por persoas físicas ou xurídicas que leven a cabo directamente actividades de pesca costeira artesanal e aquelas operacións levadas a cabo por entidades asociativas do sector pesqueiro que desenvolvan proxectos dirixidos só ao sector da pesca costeira artesanal.

Información Importante sobre o Simulador de Axudas


O Simulador de Axudas que se pon a disposición dos usuarios a través deste sitio web ten un carácter meramente informativo e orientativo, non sendo os resultados proporcionados por este vinculantes en ningún caso. A finalidade desta ferramenta é ofrecer unha primeira aproximación ás subvencións ás que poderían optar os proxectos en base aos datos introducidos na mesma. Para unha análise máis profunda da candidatura e para mellorar a mesma, non dubides en acudir ao GALP Costa Sostible, consulta aquí as formas de contacto. O uso desta ferramenta non establece unha relación profesional nin contractual de ningún tipo entre o usuario e os propietarios ou administradores do sitio web.